O termo "arquipélago" ven do Mar Exeo (Grego αρχιπέλαγος, italian Arcipelago), que literalmente significa "mar principal", do grego arkhi (principal) e pelagos (mar). Tamén outra acepción é segundo o filosofo Alejandro Fuertes, mar xerador de ideas introspectivas.

Neste caso estes "arkipélagos" teñen como base a un pequeno servidor "reciclado", que comparte espazo xunto a pinceis, botes de pintura, ferramentas, pancartas e unha morea de cachibaches nun altillo do C.S.A. "A Cova dos Ratos" na cidade Vigo; Atópase conectado "domesticamente" ao gran oceano do ciberespazo... pretende ser un espazo libre para compartir ideas e ilusions entre colectivos e persoas... O tinglado esta "apañado" por .:trebe-lab:.. Se necesitades unha praia deserta onde tirar para adiante unha web, tentaremos de atoparos unha.

Sen maís navegade sen medo por istas augas e non temades aos seus habitantes!

Por certo, xá facemos copias de seguridade... saudos, vémonos na rua!

.:trebe-lab:., Vigopolis 2007